Wednesday 01 de May de 2024

Lousame organiza un Torneo de Xadrez de Reis que terá lugar en liña o venres 7 de xaneiro


O Concello de Lousame organiza unha nova edición do Torneo de Xadrez de Reis, que terá lugar o vindeiro venres 7 de xaneiro, de 20:30 a 21:15 horas. O torneo terá lugar en liña, a través da páxina web Lichess. Para participar só é preciso anotarse por whatsapp no teléfono 633 447 674. O torneo está organizado por Alberto Dios, profesor do CPI Cernadas de Castro e mestre das clases de xadrez no municipio, en colaboración co Concello de Lousame.